Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PUNTO VIOLETA DE NARÓN UBICARASE ESTE MES NA ZONA DO ALTO E TAMÉN SE LEVARÁ EN MARZO E ABRIL AOS TRES CENTROS DE SAÚDE DA CIDADE
A edil de Igualdade, Mar Gómez, incidiu na importancia deste tipo de servizos para implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero
Narón, 11 de marzo de 2022. O Punto Violeta itinerante de Narón estará ubicado este mes e en abril en diferentes localizacións do termo municipal, tanto da zona urbana como da rural. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, destacou que se trata dun espazo informativo, atendido por dúas persoas, a través do que se pretende implicar á sociedade na loita contra a violencia machista, ao tempo que ofrecer asesoramento e información en materia de prevención e atención. Gómez avanzou que tanto mañá como os sábados día 19 e 26 deste mes o Punto Violeta de Narón estará ubicado na estrada de Castela (á altura do número 278), entre as 22.00 e as 02.00 horas. Así mesmo, avanzou que “contactamos co Servizo Galego de Saúde para poder instalalo tamén nas inmediacións dos tres centros sanitarios que están operativos en Narón e finalmente tamén levaremos o Punto Violeta aos do Alto, o día 28 de marzo, O Val, o día 4 de abril e Pedroso, o 11 de abril, nestes casos en horario de mañá, de 09.00 a 13.00”. A edil de Igualdade destacou a importancia de poñer en marcha este tipo de ferramentas, “moi necesarias na sociedade e que ofrecen material informativo para achegar servizos integrais ás vítimas de violencia e ás súas familias e tamén explicarlles como actuar ante unha situación dese tipo”. O Concello impulsa esta iniciativa a través do Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género).

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es