Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECOLLIDAS DÚAS TONELADAS DE AXUDA HUMANITARIA PARA ENTREGAR Á POBOACIÓN DE UCRAÍNA
O Concello estableceu tres puntos de recollida no Centro de Recursos Solidarios de Narón e os centros comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros
Narón, 14 de marzo de 2022. O Concello de Narón impulsou unha campaña de recollida de produtos de primeira necesidade para enviar á poboación de Ucraína. A recollida das doazóns, que continuará ata este venres día 18, realízase no Centro de Recursos Solidarios de Narón –de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e os mércores tamén de 17.00 a 19.00 horas-; e nos Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros –en ambos casos de 9.30 a 21.00 horas-. Esta mesma tarde sairá do Centro de Recursos Solidarios de Narón unha tonelada doada por veciñas e veciños da cidade, así como nas instalacións da Cooperativa do Val, se ben o segundo envío partirá a vindeira semana cara ao mesmo punto. Todo o material levarase ao almacén central da asociación AGA-Ucraína localizado no polígono de Pocomaco, na Coruña, para que eles se encarguen de que chegue á poboación ucraína. Entre as caixas embaladas no Centro de Recursos Solidarios de Narón irá roupa de abrigo –abrigos para nenas e nenos e tamén para persoas adultas, bufandas, luvas, gorros-, sacos de durmir, mantas, comida non perecedeira, algúns medicamentos e tamén produtos de hixiene –xabróns, xel, cueiros…-. Dende o Concello recórdase que as doazóns deben axustarse ás recomendacións realizadas dende diferentes entidades e estar en bo estado de conservación e sen envases de cristal debido ao desprazamento. Roupa de abrigo (térmica), mantas, comida (conservas, precociñados, leite en pó e comida para bebés…), e tamén sacos de durmir, colchonetas, produtos de hixiene persoal, mantas, kits de costura, servilletas húmidas, lanternas, mecheiros, tendas de campaña… e medicamentos (alcohol, auga osixenada, antisépticos, gasas, suero fisiolóxico, esparadrapo, tiritas, máscaras, luvas de látex ou vinilo..). A maiores, tal e como se recomenda dende a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), pódense realizar achegas económicas a través das seguintes entidades: - Coordinadora Galega de ONGD: https://galiciasolidaria.org/como-apoiar-a-poboacion-na-ucraina/ - Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella: https://www.icrc.org/es/donate/crisis-en-ucrania - Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas. Fondo Humanitario para Ucraína: https://www.unocha.org/ukraine/about-uhf - Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas (ACNUR): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania O Concello naronés colaborará tamén na elaboración dun listado para elaborar un rexistro de vivendas baleiras dispoñibles para acoller a poboación refuxiada e tamén para a acollida de familias, podendo as persoas da cidade interesadas en colaborar nestas medidas informar ao Consistorio enviando un correo electrónico á dirección: concellerias@naron.es indicando un nome e apelidos e un teléfono de contacto. En canto á acollida de menores, seguirase o sistema institucionalizado que incide na necesidade de que se reagrupen coas súas familias na medida do posible, descartándose iniciativas individuais para acoller a menores non acompañados.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es