Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA TRES NOVOS ESPECTÁCULOS DA SÉTIMA EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL "SINGULAR"
As entradas para os espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 15 de marzo de 2022. O Pazo da Cultura continuará acollendo esta fin de semana espectáculos programados con motivo da sétima edición do “Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular”. A primeira das citas será o venres día 18, coa estrea da peza “Esas cousas marabillosas”, protagonizado por Elisardo de la Cruz e da compañía Empatía Teatro. A obra dará comezo ás 20.30 horas, cando o público entrará na sala e será recibido polo actor. Este monólogo, con moitos personaxes e situacións que se desenvolven coa axuda do público, é unha comedia sobre a depresión e o suicidio e na que se recalcan especialmente todas as cousas polas que vale a pena vivir. O sábado 19, ás 20.00 horas, será o turno da cubana Dayana Contreras, que chega a Narón co seu espectáculo “La ciudad de las damas”. Dayana é unha emigrante que leva varios anos vivindo en España pero que non consigue escapar dos tópicos cos que se relaciona a unha persoa emigrante e na que se alza a voz pola igualdade de dereitos. Este monólogo parte do libro “La ciudad de las damas”, escrito pola poeta e filósofa Cristina de Pizán, que viviu en Francia no século XV. A terceira das propostas desta semana do Festival “Singular” será o domingo 20, coa peza “Corochas”, de Xarope Zulú. Trátase dun espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia (0 a 3 anos) e combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. O público viaxará coa actriz Atenea García, protagonista da peza, por diversas paisaxes e coñecerá personaxes estrafalarios que deben resolver múltiples enredos. As entradas para estas obras poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es