Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADA EN XUVIA A FONTE INSTALADA NO PASEO MARÍTIMO INCLUÍDA NA REDE DE FONTES PÚBLICAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, inauguraron a fonte instalada en Narón xunto cunha área de descanso
Narón, 15 de marzo de 2022. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, participaron esta mañá no acto organizado pola Asociación do Camiño Inglés para inaugurar unha das fontes públicas do Camiño de Santiago Inglés ao seu paso pola cidade. A iniciativa forma parte do proxecto europeo Life Water Way e a finalidade desta rede piloto é, como indican dende o colectivo, ofrecer aos peregrinos un punto de micro abastecemento seguro e ubicado en distancias aproximadas duns seis quilómetros. A fonte ubicada en Narón localízase na zona do paseo marítimo de Xuvia e a estética da mesma é igual ás restantes ubicadas nos concellos do Camiño Inglés: estrutura de granito silvestre moreno abuxardado, con interior de aceiro inoxidable e parámetro lateral con pino do país. O seu caudal é de seis litros por minuto. No caso de Narón, nas inmediacións da fonte instalouse tamén unha pérgola de madeira cunha zona de descanso, xunto á que no marco deste proxecto se plantou unha cerdeira e donde o Concello plantou tamén unha glicinia para habilitar un espazo con sombra. Os dezaoito municipios que conforman o Camiño Inglés estaban convocados hoxe ás doce do mediodía para inaugurar as súas fontes e promocionalas –xunto cunha botella reutilizable conmemorativa- a través do hagstag #lifewaterway. Con este xesto, segundo indicaron os promotores, “preténdese remarcar a unión que promove o Camiño de Santiago e a riqueza que supón poder dispoñer de auga de calidade en todo o seu trazado”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal