Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou os actos acompañada pola edil de Benestar Social, Catalina García, e a presidenta de Acción Familiar Ferrol, María del Mar Used
Narón, 16 de marzo de 2022. O Concello conmemorará o vindeiro 8 de abril o Día Internacional do Pobo Xitano, en recordo da data de celebración en Londres –ano 1971- do primeiro congreso mundial romaní/xitano no que se instituíron a bandeira e o himno do colectivo. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, presentaron xunto con María del Mar Used, presidenta de Acción Familiar Ferrol (AFA), os actos que se levarán a cabo para celebrar na cidade esa data. O día 8 de abril terá lugar no parque de Freixeiro ás 11.00 horas a tradicional Festa do Río, unha celebración na que ademais de representantes da corporación local e de AFA Ferrol estarán presentes varias persoas de etnia xitana e á que se poden sumar as veciñas e veciños que o desexen. Ese mesmo día, coincidindo co Día Internacional do Pobo Xitano, inaugurarase ás 12.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros unha exposición de fotografías de xitanas e xitanos de Narón e que tamén integrarán outras realizadas pola entidade Humanos en el planeta cielo con persoas de diferentes etnias. A maiores deses actos, do 4 ao 8 de abril haberá unha xornada de portas abertas na Casa da Cultura –Praza de Galicia- para que a cidadanía poida ver o traballo que se realiza dende AFA Ferrol e o Concello de Narón coa poboación xitana e amosar os traballos realizados no taller de costura. O alumnado de quinto e sexto de Primaria dos centros de ensino da cidade pode participar, tal e como se lle anunciou, na cuarta edición do Concurso de relatos curtos “Cóntanos o teu conto do pobo xitano”. O tema a abordar neses contos será o da “Interculturalidade e comunidade xitana”, podendo presentar o alumnado ao que se dirixe os seus traballos ata o vindeiro 25 de marzo para optar a tres premios para os mellor valorados por un xurado. Na actualidade está tamén aberto o prazo para participar nun certame fotográfico, que anima á cidadanía a realizar un retrato portando unha frase (Espazo libre de racismo, Opré Romá!, Roma Lives Matter, Loita contra o antixitanismo…). As imaxes hai que envialas ao correo electrónico: minoriasetnicas@afaferrol.org, asinando unha autorización e dereitos de imaxe e protección de datos –que se pode descargar da web www.naron.es ou solicitala ao citado correo de AFA Ferrol- e posteriormente elaborarase con todas elas un vídeo que se publicará a semana do 8 de abril nas redes sociais do Concello co cancelo #Narónencaló. Ademais, na páxina web do Concello de Narón pódese descargar material con actividades coas que traballará tamén alumnado de terceiro a sexto de Primaria e coas persoas usuarias para achegar as contribucións do pobo xitano, a historia e a cultura

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal