Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACADA O COMPROMISO DA SEPES DE ESTUDAR A POSIBILIDADE DE ALUGUEIRO CON OPCIÓN A COMPRA NAS PARCELAS DE RÍO DO POZO
Marián Ferreiro acudiu a unha xuntaza co director xeral da Sepes, Fidel Vázquez, o director de Relacións Institucionais, Francisco Palmero e a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, xunto co edil naronés Santiago Galego
Narón, 16 de marzo de 2022. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse esta mañá en Ferrol co director xeral da Entidad Estatal del Suelo (Sepes), Fidel Vázquez, o director de Relacións Institucionais, Francisco Palmero, e Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, nun encontro no que tamén participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e alcaldes e edís dos concellos de Ferrol, Valdoviño, Pontedeume, Fene, As Pontes e Cabanas, ademais do concelleiro naronés Santiago Galego. A convocatoria foi unha primeira toma de contacto entre as partes dende o nomeamento, hai un par de meses, de Fidel Vázquez como director Xeral da Sepes. Os representantes das administracións locais tiveron a oportunidade de plantexarlle aos representantes da Sepes e da SEA a situación industrial de cada municipio, no ámbito dos parques empresariais. No que respecta a Narón a alcaldesa plantexou á Sepes a necesidade de que “nuns tempos tan complicados se poida rebaixar o prezo das parcelas do polígono de Río do Pozo para darlles saída ou, materializar iniciativas como as que están en marcha noutros concellos para ofrecer a posibilidade de alugueiro de parcelas con opción a compra”. O director xeral da Sepes comprometeuse na reunión a analizar para Narón a alternativa de “dereito de superficie” (alugueiro con opción a compra), e asegurou na convocatoria que “coincido coa alcaldesa de Narón en que esa opción que se aplica noutras partes do territorio é unha alternativa nestes momentos”. Ferreiro calificou de “satisfactoria” a xuntanza e valorou a comprensión amosada polos representantes tanto da Sepes como da SEA para revisar a situación de cada concello e tamén a súa aposta por “estudar alternativas que faciliten o asentamento de novas empresas nos polígonos industriais de Narón e do resto da comarca nuns tempos complicados para o sector”.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es