Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE CALDEIRERÍA-TUBAXE
A acción formativa diríxese a persoas desempregadas de Narón e maiores de 18 anos, tal e como indicou a edil de Formación, Natalia Hermida
Narón, 19 de marzo de 2022. O Concello de Narón abrirá o vindeiro luns, día 21, o prazo de inscrición nun curso de Caldeirería-Tubaxe do Programa Municipal de Formación. A acción formativa diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida. A edil naronesa explicou que para poder realizar este curso é preciso dispoñer da acreditación da formación básica en Prevención de riscos laborais (60 horas, válido para o sector do metal), debendo presentar unha copia do diploma ou certificación do mesmo coa solicitude. As inscricións poderán tramitarse dende o luns ás 8.30 horas ata o 28 de marzo ás 13.30 horas. En total ofértanse oito prazas e para a selección do alumnado, as persoas que cumpran os requisitos serán chamadas para realizar unha entrevista. Esta acción formativa consta de 100 horas que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As sesións terán lugar dende o 7 de abril ata o 13 de maio, en horario de 16.00 a 20.00. O alumnado abordará diferentes contidos, como a Interpretación de planos de fabricación e montaxe de tubaxe, Conformado e curvado de tubaxe, Corte e mecanismo de tubaxe, Procesos de montaxe e armado de tubaxe e montaxe de sosportes e accesorios e fixación de tubaxe. As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas-, na Sede Electrónica do Concello ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello, a Sede Electrónica de Narón ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal