Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "EDICIÓN DE IMAXES CON GIMP"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que a convocatoria se impartirá a partir do 19 de abril na Aula Cemit de Xuvia en horario de mañá, de 9.30 a 13.30
Narón, 25 de marzo de 2022. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou sobre a apertura, hoxe, do prazo de inscrición nun curso de “Edición de imaxes con GIMP” que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia. A convocatoria realízase a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia, polo que as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38419. Esta acción formativa consta dun total de 60 horas, de carácter presencial, e que se impartirá entre o 19 de abril e o 9 de maio de 9.30 a 13.30 horas. O contido do curso será a introducción a GIMP, funcionalidades básicas, introdución ao traballo por capas, redimensión e escalado de imaxes e capas, selección, máscaras, operacións con texto e retoque dixital fotográfico cor e imaxe. Ofértanse un total de doce prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, recibindo as persoas admitidas no mesmo unha chamada telefónica na que lles confirmará esa admisión.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal