Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AGRUPACIÓNS CORAIS, RONDALLAS E VECIÑAS E VECIÑOS SUMÁRONSE HOXE NA PRAZA DE GALICIA Á INICIATIVA DE COROS POR LA PAZ
A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou na convocatoria e leu uha delcaración institucional da corporación local condenando a agresión de Rusia a Ucraína
Narón, 27 de marzo de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e varios edís da corporación local participaron hoxe xunto con agrupacións corais, rondallas e veciñas e veciños da cidade na iniciativa impulsada pola plataforma Coros por la Paz para reivindicar a paz no mundo. Minutos antes das doce do mediodía a rexedora local dirixíase aos asistentes para agradecerlles a súa participación nesta convocatoria, que se celebrou de xeito simultáneo en varias ciudades europeas. A continuación, Ferreiro leu a declaración institucional que se levará ao pleno do vindeiro xoves condenando a agresión de Rusia a Ucraína, amosando a solidariedade co pobo ucraíno e as vítimas do conflito e plasmando o posicionamento de Narón “a favor da resolución pacífica de conflitos, apoiando as accións dirixidas a facilitar o diálogo, así como a favor de sancionar o incumprimento do dereito internacional”. Ás doce en punto, tal e como estaba previsto, a soprano ferrolana Sofía Rodríguez dirixía aos integrantes do Peque Coro Solidarium, o Coro da Capo, o Coro Solidarium IES Trasancos, a Coral de Areosa, a Coral Polifónica de Ferrol, e as rondallas Só Elas e Añoranzas, que entonaron xunto co resto de asistentes o “Himno á alegría”, de Miguel Ríos –baseado na novena sinfonía de Beethoven-. Os aplausos inundaron a Praza de Galicia trala actuación e a petición dos asistentes, todos cantaron de novo esta recoñecida canción, para solicitar xuntos o restablecemento da paz en Ucraína e en todas as rexións do mundo en guerra. A alcaldesa e edís da corporación local portaron durante o acto unha pancarta co lema “Non á guerra”. Ferreiro agradeceu ás agrupacións musicais a súa implicación, á soprano que os dirixíu a súa implicación e tamén a participación das persoas que colaboraron na organización e que se achegaron a título particular para sumarse a este xesto unánime pola paz mundial.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal