Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DA OBRA "RASTROS" E O MUSICAL "DE ELLOS APRENDÍ"
As entradas para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es
Narón, 28 de marzo de 2022. O Pazo da Cultura de Narón continúa coa programación deseñada dende o Padroado da Cultura unha vez rematada a sétima edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, na xornada de onte. Ao longo do vindeiro mes de abril poderanse ver diferentes espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos. Este mesmo sábado, día 2, representarase a obra “Rastros”, da compañía Condetrespés. Unha muller libre, Esther, é a protagonista desta peza, unha libertaria finisecular que tería topado o seu lugar nas actuais manifestacións feministas. A obra pivota sobre a súa liberdade e polas debilidades que a fan a muller galega do seu tempo. O espectáculo dará comezo ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Na xornada do domingo haberá dous pases –ás 12.00 e ás 18.00 horas, estando actualmente esgotadas as entradas para o primeiro- do musical “De ellos aprendí”, de Artes Escénicas Gaudium. As escenas e personaxes da Sereiña, o Rei León, Frozen, Aladdín, Rapunzel ou A Bela e A Besta irán a aparecendo en escena como protagonistas deste musical. Nove actores, bailaríns e cantantes con todas as voces en directo e arroupados por unha gran escenografía acompañada de proxeccións e un coidadísimo vestiario. O prezo das entradas é de 16 euros no patio de butacas, 14 no primeiro anfiteatro e 12 no segundo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal