Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 650 ALUMNAS E ALUMNOS DE NARÓN E COMARCA ACUDIRON NO PAZO Á CHARLA "VERDADES E TROLAS SOBRE AS VACINAS E A COVID-19"
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, agradeceu a participación dos asistentes e a organización do acto, a cargo da profesora do IES Fene Violeta Miraz
Narón, 29 de marzo de 2022. Un total de 662 alumnas e alumnos de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato de centros de ensino de Narón e doutros concellos da comarca asistiron esta mañá no Pazo da Cultura á charla “Verdades e trolas sobre as vacinas e a covid-19”. A concelleira de Ensino de Narón, Mercedes Taibo, asistiu á convocatoria, programada co fin de informar aos asistentes sobre a importancia da ciencia, agradecendo a implicación na organización e a participación dos centros de ensino. A profesora do IES Fene Violeta Miraz é a persoa encargada de organizar cada ano esta convocatoria, que nesta ocasión presentaron dúas alumnas do citado instituto. Alumnado dos IES Fernando Esquío de Neda, IES Cabo Ortegal de Cariño, CPI do Feal e IES As Telleiras de Narón; IES Concepción Arenal, Sofía Casanova e Saturnino Montojo, de Ferrol; CPI A Xunqueira e IES Fene, de Fene, presenciou a convocatoria, a cargo do pediatra e investigador Federico Martinón-Torres, ourensán e xefe e coordinador do servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Trala intervención do profesional sanitario, de aproximadamente unha hora, os estudantes tiveron a oportunidade de realizarlle as preguntas que consideraron oportunas. O Pazo da Cultura acolle anualmente –a cita suspendeuse o pasado ano coas restricións da covid-19- unha charla dirixida a alumnado de Ferrolterra, Eume e Ortegal sobre temas de divulgación científica na que os relatores buscan a implicación do alumnado, con intervencións dinámicas, para que vexan a importancia do traballo que realizan e espertar algunha vocación científica.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal