Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA XORNADA FORMATIVA SOBRE OS FONDOS EUROPEOS NEXT GENERATION
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez, presentaraon hoxe a convocatoria no Consistorio
Narón, 29 de marzo de 2022. O salón de actos da Cooperativa do Val acollerá o vindeiro 7 de abril unha xornada formativa sobre os fondos Next Generation, o fondo Europeo de Recuperación que permitirá a España obter 140.000 millóns de euros entre os anos 2021 e 2023, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia España 2021-2023. A convocatoria, aberta á participación da cidadanía en xeral, dará comezo ás 18.00 horas e foi presentada hoxe no Consistorio polo concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez. A persoa encargada de impartir a xornada será Beatriz Alonso, licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, na especialidade de Administración Pública, pola Universidade Complutense de Madrid e cunha dilatada experiencia profesional. A transición ecolóxica, a transformación dixital, a igualdade de xénero e a cohesión social e territorial son as áreas nas que se vertebrarán as citadas axudas europeas. “Trátase de poñer en coñecemento do sector empresarial e da cidadanía en xeral os fondos Next Generation, para informalos sobre os tipos de fondos que van chegar de Europa e como poder optar a esas axudas”, explicou Pita. Como captalos, que fondos hai, como solicitalos, cales son as oficinas tramitadoras e como informarse ou a que axudas se poderá optar en cada caso son algúns dos temas que se abordarán na convocatoria, tal e como indicou o edil naronés. A xerente da Cooperativa do Val agradeceu a iniciativa do Concello e amosou a súa disposición a continuar colaborando nesta liña. “Este concello ten un gran número de empresas e é importante que poidan coñecer o tipo de axudas existentes e a súa tramitación, sobre todo tendo en conta a situación de recuperación económica que se precisa”, asegurou Vázquez. O edil naronés e a xerente da Cooperativa do Val animaron á cidadanía a acudir a esta xornada para informarse e realizar as preguntas que consideren oportunas sobre os citados fondos europeos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal