Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA DOUS NOVOS ESPECTÁCULOS, "GOLFA" E "A CAZOLA DE LOLA"
As entradas dispoñibles para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón
Narón, 4 de abril de 2022. O teatro regresará de novo esta fin de semana ao Pazo da Cultura, con dúas propostas para o sábado e o domingo cuxas entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. A primeira cita desta semana será o sábado día 9 ás 20.00 horas, cunha obra de teatro contemporáneo, “Golfa”, da compañía Crémilo. Trátase dunha peza protagonizada por Amanda e Fran, adolescentes que durante uns meses foron parella e que trala ruptura leva a Amanda a padecer un terrible acoso virtual que levou aos seus pais a denunciar ao seu exnoivo. Unha pintada de “golfa” aparece un día ás portas da instituto, precedendo a historia desta obra. Na xornada do domingo 10 será o turno do público familiar e infantil, coa peza de monicreques “A cazola de Lola”, a partir das 18.00 horas. Tanxarina trae a Narón este espectáculo, protagonizado por Lola, que sempre leva enriba un cazo que a fai distinta aos demais, moi sensible, cun gran sentido artístico… e que chegado un momento complícalle a vida. A aparición de persoas maravillosas fará que todo cambie para a protagonista desta obra.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es