Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CASA DA CULTURA ACOLLE ESTA SEMANA UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS CON MOTIVO DOS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, visitaron hoxe as instalacións
Narón, 5 de abril de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, desprazáronse hoxe á Casa da Cultura da cidade para participar nas visitas guiadas convocadas esta semana ás instalacións con motivo dos actos do 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano. A finalidade desta convocatoria de visitas, que estará en vigor ata o vindeiro venres, día 8, é visibilizar o traballo que se realiza dende o Concello coa poboación xitana. Xunto con persoal técnico, Ferreiro e García percorreron as instalacións e coñeceron de primeira man o traballo que se desenvolve nas citadas instalacións municipais, donde se atenden a un total de 101 familias de etnia xitana, das que 99 son de Narón. En colaboración co Concello desenvólvese un programa de reforzo educativo, un día á semana e no que participan unha decena de menores, e tamén un obradoiro de costura, dous días cada semana, ao que tamén acuden unha decena de mulleres. A maiores, tamén se desprazan á Casa da Cultura un grupo de rapazas e rapaces que asisten a unhas clases de reforzo para obter o permiso de circulación. O Concello mantén dende hai anos un convenio de colaboración coa asociación Acción Familiar Ferrol (AFA), a través do que se desenvolven estas e outras accións, encamiñadas todas elas a contribuír ao desenvolvemento e á integración social do colectivo xitano. Ademais da achega económica que contempla o acordo, dende o Concello tamén se colabora con persoal do Servizo Sociocomunitario Municipal, en coordinación co que se implantan os diferentes programas. A través do acordo co Concello tamén se traballa coas familias de etnia xitana nos itinerarios de búsqueda de vivenda e de emprego, realízanse acompañamentos sociais, e outras iniciativas, coa finalidade de acadar a plena inserción do colectivo na sociedade. As persoas que desexen coñecer ese traballo que se realiza en base á colaboración entre o Concello e AFA Ferrol poden facelo esta semana na Casa da Cultura, ata o venres, en horario de 10.00 a 14.00.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal