Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CPR SANTIAGO APÓSTOL VISITARON HOXE O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Marián Ferreiro respostou ás preguntas dos menores, de sexto curso de educación Infantil, que visionaron o vídeo "Nara de Narón"
Narón, 5 de abril de 2022. Unha vintena de escolares de sexto de educación Infantil do CPR Santiago Apóstol de Narón visitaron hoxe o Concello. A iniciativa enmárcase no Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de “Coñecemento do Concello”. A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse coas nenas e nenos no salón de plenos, donde visionaron o vídeo “Nara de Narón” e a continuación formularon á rexedora local varias preguntas. En que consistía o seu traballo, cal é a súa parroquia favorita de Narón, o seu lugar favorito… foron algunhas das preguntas que respostou Ferreiro aos menores, que conversaron animadamente con ela. Tras rematar, os escolares recibiron unha gorra da “abella Nara” e tamén un exemplar cada un do libro “Narón pinta ben”, con varios espazos da cidade para colorear. Para recordar esta data, sacaron unha fotografía coa alcaldesa da cidade e posteriormente outra, por grupos, no photocall “Ti es a abella Nara”. Por primeiro ano, as visitas que se realizan ao Concello son dramatizadas, coa compaña dun explorador e da propia Nara, unha abella de Narón. Eles son os encargados de recibir aos escolares á súa chegada, explicarlles por riba o funcionamento do Consistorio e tamén ensinarlles a traballar cun crebacabezas da cidade. As visitas escolares continuarán este mes, concretamente o día 26, cando a rexedora local recibirá a un grupo de alumnas e alumnos de sexto de Infantil do CEIP Ponte de Xuvia. No mes de maio será o turno de escolares do CEIP Virxe do Mar –o día 3-, e do CEIP A Solaina –os días 24 e 31-.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es