Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ O VENRES CON VARIOS ACTOS O DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou as diferentes propostas acompañada pola edil de Benestar Social, Catalina García, e de Lara López, traballadora social de AFA Ferrol
Narón, 6 de abril de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, presentaron esta mañá acompañadas por Lara López, traballadora social de Acción Familiar (AFA Ferrol) os actos que se celebrarán este venres, día 8, con motivo da conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano. O Concello e AFA Ferrol organizan conxuntamente a convocatoria. Dende o goberno local incidiuse na importancia de celebrar esta data para reivindicar a igualdade e a plena inclusión do colectivo na sociedade. Este venres ás 10.00 horas o salón de plenos do Concello acollerá o acto central, no que se realizará un recoñecemento a unha persoa de etnia xitana pola súa traxectoria. Estarán presentes na convocatoria mulleres que participan en accións formativas impulsadas polo Consistorio e dirixidas ao colectivo, como os programas “Empodérate” ou “Volve á clase”, entre outros. Elas serán as encargadas de ler no acto unhas frases a prol da igualdade de dereitos. No transcurso do mesmo tamén se proxectará un vídeo con fotografías de persoas que quixeron participar na iniciativa, portando mensaxes contra o racismo e o antixitanismo, a favor da liberdade… A continuación, sobre as 11.00 horas os asistentes reuniranse no parque do río Freixeiro con máis persoas que se sumarán á Cerimonia do Río, na que se tirarán pétalos de flores ao cauce fluvial, ao seu paso polo citado parque, e donde tamén se tomará un “café xitano”. A Cerimonia do Río mantense viva ano tras ano na cultura xitana para recordar ás vítimas xitanas da II Guerra Mundial e o éxodo polo mundo deste colectivo. A cita estará amenizada por un grupo musical integrado por rapaces de etnia xitana. En caso de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas, o “café xitano” e a actuación musical levaranse a cabo nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Nesta última ubicación, ás 12.00 horas, inaugurarase unha exposición cunha trintena de fotografías. Parte delas correspóndense coa mostra “Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia”, do pasado ano, e a elas sumaranse outras da “Homenaxe ao pobo xitano de Narón”. Trátase dunha exposición cunha parte interxeracional, con imaxes de entrevistas a avós cos seus netos e netas e outra parte intercultural, con persoas de etnia xitana e doutras culturas (Senegal, Portugal, Cabo Verde…). Os actos programados dende o Concello inclúen tamén unha actividade o sábado día 9 na Biblioteca municipal, donde a partir das 11.00 horas dará comezo “Opré Romá!, unha proposta multidisciplinar para nenas e nenos a partir de 4 anos. A finalidade desta iniciativa é visibilizar a desestigmatización do pobo xitano. As persoas interesadas en participar poden anotarse presencialmente ou chamando por teléfono á Biblioteca municipal (981 382 173).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal