Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PECHE DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS NA XORNADA DO SÁBADO
Os pavillóns polideportivos, auditorio e centros de maiores permanecerán pechados a causa do temporal.
Narón, 26 de Febreiro de 2010.- O Concello de Narón pechará mañá sábado tódalas instalacións municipais (pavillóns polideportivos, auditorios, e centros de atención á terceira idade) ante a chegada dun ciclón e a Alerta Vermella decretada ante esta circunstancia pola dirección xeral de emerxencias e interior da Xunta de Galicia. Quedan así suspendidas tódalas competicións deportivas, e o espectáculo teatral “Infinita” de Familie Flöz, previsto para as 20:30 horas no Pazo da Cultura. Tamén anúlanse as actividades municipais dos centros de atención ás persoas maiores das Vivendas da Mariña e de Vossa, e incluso a Festa do Cocido organizada pola Asociación de Veciños de A Gándara. O Alcalde, Jose Manuel Blanco, fixo un chamamento á cidadanía para que se extreme a precaución e se eviten os desprazamentos durante a xornada do sábado. Ante o paso deste ciclón, recoméndase non utilizar os vehículos e saír do domicilio só en caso de necesidade, sobre todo a partir das 15:00 horas que é cando se prevé que a tormenta se recrudezca. O Concello mantén en funcionamento un operativo especial de emerxencias, formado por membros da Policía Local de Narón, de Protección Civil e servizos externos, para atender calqueira incidencia que poidese xurdir. No caso de precisar axuda, pódese chamar ós seguintes teléfonos: Policía Local: 981 38 17 00 Protección Civil: 981 39 00 00 Emerxencias de Galicia: 112

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal