Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA A XORNADA FORMATIVA SOBRE OS FONDOS EUROPEOS "NEXT GENERATION" QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ NA COOPERATIVA DO VAL
A convocatoria dará comezo ás 18.00 horas no salón de actos da cooperativa, tal e como recordou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 6 de abril de 2022. O salón de actos da Cooperativa do Val acollerá mañá a xornada formativa sobre os fondos Next Generation organizada polo Concello de Narón e na que colabora a citada entidade, tal e como recordou o edil de Promoción Económica, David Pita. A convocatoria terá lugar ás 18.00 horas e poderán asistir todas as persoas interesadas. Beatriz Alonso, licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, na especialidade de Administración Pública, pola Universidade Complutense de Madrid, será a persoa encargada de informar aos asistentes. O fondo Europeo de Recuperación permitirá a España obter 140.000 millóns de euros a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia España 2021-2023. A transición ecolóxica, a transformación dixital, a igualdade de xénero e a cohesión social e territorial son as áreas nas que se vertebrarán as citadas axudas europeas. Dende o Consistorio animouse a asistir a esta xornada formativa a todas aquelas persoas que desexen coñecer máis polo miúdo o tipo de fondos que chegarán de Europa e como poder acceder aos mesmos e tramitalos, no caso de consideralo oportuno para materializar ou reforzar proxectos empresariais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal