Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMOU A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E CONTROL DA VESPA VELUTINA
As concellerías de Speis e Medio Ambiente, dirixidas polos edís Román Romero e Santiago Galego, respectivamente, traballan nesta iniciativa, que require da colaboración cidadá
Narón, 7 de abril de 2022. O Concello retomou a través da Concellería de Seguridade Cidadá e Speis e da de Medio Ambiente, dirixidas polos edís Román Romero e Santiago Galego, respectivamente, a campaña de prevención e control da vespa velutina. A través da mesma, coincidindo coa tempada primaveral, dende ambas áreas incidirase na necesidade de que as veciñas e veciños instalen trampas a nivel particular para poder reducir o número de niños de velutinas no verán. Dende o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón dispoñen dun programa de prevención da vespa velutina encamiñado a controlar a poboación desta especie invasora. No mesmo incídese sobre o perigo que supón esta especie para as persoas e tamén se explica como construír trampas artesanais para capturalas, que se poden realizar con materiais sinxelos e colocar en diferentes ubicacións para capturar ás raíñas. As trampas e o líquido atraínte poden ser caseiros, como a cera vella fermentada, cervexa negra, sirope de grosella ou de arandos… que deben repoñerse aos 7 ou 15 días, dependendo do tempo -porque se fai calor evapórase antes- e do volume de vespas capturadas. Os meses de abril e maio son os máis indicados, tal e como apuntan expertos na materia, para capturar ás raíñas, que unha vez instaladas no niño secundario adícanse a poñer ovos ata que morren, xa no inverno. A maiores, o Concello mantén tamén un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Apicultura, a través da Concellería de Medio Ambiente, e que inclúe tamén colaboración para desenvolver unha campaña de sensibilización medioambiental baixo o lema “Stop vespa velutina”. A través da mesma incídese na importancia do trampeo primaveral e da colocación de trampas para capturar ás raíñas nas hortas e xardíns. O edil de Medio Ambiente avanzou que dende o Concello se convocará próximamente unha xornada informativa, aberta á cidadanía en xeral, donde se explicarán os fundamentos do trampeo para optimizar as capturas e que ofrecerá persoal da delegación en Ferrolterra de AGA.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal