Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA A POMBIÑA, A SOCIEDADE CULTURAL AREOSA E A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA
Marián Ferreiro destacou o traballo que as tres entidades realizan ao longo do ano
Narón, 22 de abril de 2022. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, asinou esta mañá tres convenios de colaboración cos representantes da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, de Pedroso; a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros e a Asociación Memoria Histórica Democrática. A través do Concello e do Padroado da Cultura –entidade a través da que se rubrica o último dos acordos-, realizarase unha aportación económica que en conxunto ascende a 11.500 euros, tal e como indicou Ferreiro. O Consistorio colabora coa S.C.R. A Pombiña para a cesión das instalacións da entidade no ámbito da promoción cultural e o desenvolvemento de actividades vencelladas a esta área e ao tempo de lecer. Deste xeito, ao igual que se fai nos últimos anos, nas instalacións de A Pombiña, en Pedroso, seguiranse executando programas e actividades impulsadas dende o Concello e destinadas á totalidade de veciñas e veciños desta parroquia. O convenio asinado coa Sociedade Cultural Areosa permitirá continuar promovendo o desenvolvemento social e cultural das persoas da cidade a través de diversas actuacións no citado ámbito. Así mesmo, dende Areosa cooperarase coa programación municipal, impulsando propostas teatrais, de música coral, o tradicional certame de habaneras, actos con motivo do Día das Letras Galegas… A través do convenio entre o Padroado da Cultura e a Asociación Memoria Histórica Democrática renovarase a vía de colaboración, destacando o interese social do labor investigador da entidade. Entre as mesmas, contémplase a edición e recompilación de documentos depositados en arquivos e a potenciación de estudos relacionados con contidos sociais, históricos e culturais. A alcaldesa destacou o traballo que as tres asociacións realizan dende hai anos na cidade, tanto no ámbito da promoción de actividades encamiñadas a preservar e difundir a nosa cultura e patrimonio como de cara a manter viva parte da nosa historia. Ferreiro destacou a implicación das tres entidades na vida cultural municipal e animounas a continuar traballando como o veñen facendo nos últimos anos.

<<< Setembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
www.naron.es