Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A INSERCIÓN DE BICICLETAS E VEHÍCULOS DE MOBILIDADE PERSOAL NO ECOSISTEMA DA MOBILIDADE, A DEBATE NO "III CONGRESO GALEGO DE SEGURIDADE E EDUCACIÓN VIARIA DE NARÓN"
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou a importancia de analizar a coexistencia de vehículos nas rúas cos tráficos motorizados e peonís
Narón, 22 de abril de 2022. As mobilidades alternativas e a súa relación coa seguridade viaria estarán presentes na segunda Mesa temática do terceiro Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria, que se celebrará en Narón os días 19 e 20 de maio. Actuará de facilitadora a subdirectora xeral de Formación e Educación Viaria da Dirección Xeral de Tráfico, María José Aparicio, e terá lugar o xoves 19 ás 16.00 horas, tal e como recordou o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero. Bicicletas e vehículos de mobilidade persoal protagonizarán esta área de debate, en relación á súa inserción nos sistemas de mobilidade urbanos e interurbanos e as cuestións de seguridade que expón o actual incremento deste tipo de vehículos nas rúas das nosas cidades. Asuntos como a coexistencia destes vehículos, por unha banda cos tráficos motorizados e por outra cos peonís, poranse enriba da mesa para valorar asuntos como o acougado de tráfico a motor, a diminución do número de coches nas contornas urbanas, a convivencia entre tráficos motorizados e non motorizados ou a segregación do espazo nos lugares nos que sexa convinte ou posible, son temas que sobrevoan esta temática relacionada coas novas perspectivas da mobilidade urbana. Por outra banda, a versatilidade destes vehículos para circular por espazos peonís convírtenos nun potencial perigo para certas persoas usuarias das beirarrúas, que ven medrar o seu medo para levar unha vida independente a pesar da súa idade ou condición física. En xeral, a inmensa maioría das persoas usuarias cumpren as normas con rigor e responsabilidade, pero un escaso número de condutores de bicis ou vehículos de mobilidade persoal crean situacións de incomodidade ás persoas que camiñan. Ademais, o constante incremento dos espazos urbanos con coexistencia de usos e prioridade peonil (rúas con plataformas únicas, sen lugares de aparcamento e con únicamente o tráfico a motor necesario) xera unha nova forma de utilizar estes vehículos. As normativas municipais máis avanzadas permiten a bicis e vehículos de mobilidade persoal circular por este tipo de rúas, e establecen que deben ir a velocidade do peón e como máximo a 10 quilómetros por hora, respectando en todo momento a prioridade das persoas que camiñan e sen molestalas na súa traxectoria. O coloquio estará moderado polo secretario xeral do Concello de Narón, Alfonso de Prado Fernández-Canteli e nel participarán José Ignacio Lijarcio Cárcere, do Grupo de Investigación FACTHUM- lab, do Instituto de Tráfico da Universidade de Valencia e director de Proxectos da Fundación Española para a Seguridade viaria (FESVIAL); Concepción Blocona Santos, técnica de rehabilitación da ONCE; Enrique Lorca Sánchez, presidente da Confederación Nacional de Autoescolas e Jeanne Picard Mahaut, delegada en Galicia de Stop Accidentes.

<<< Setembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
www.naron.es