Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTINUARÁN ESTA SEMANA NAS PARROQUIAS DO COUTO E PEDROSO
As persoas que desexen asistir deberán anotarse previamente por correo electrónico ou telefonicamente, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 25 de abril de 2022. Os Consellos Territoriais de Narón continuarán desenvolvéndose esta semana nas parroquias do Couto e Pedroso. Así o recordou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que indicou que terán lugar no caso do Couto mañá ás 18.00 horas no local social e no de Pedroso o mércores 27, tamén ás 18.00 horas, no local da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña. García presidirá estas convocatorias, ás que tamén acudirán outros representantes da corporación local. No transcurso das mesmas os integrantes das entidades terán a oportunidade de explicar as actividades que teñen previsto levar a cabo ata finais de ano e tamén plantexar posibles vías conxuntas de dinamización da participación cidadá. Durante aproximadamente unha hora e media e xunto con persoal técnico da Escola de Participación analizaranse diferentes áreas. Os vindeiros Consellos Territoriais celebraranse en Piñeiros, o día 3 ás 19.00; Doso, o 5 ás 18.00; Xuvia, o 10 ás 18.00; Sedes, o 12 ás 18.00 horas, nos seus respectivos locais sociais e en San Mateo, o 19 ás 18.00 horas na Escola de San Mateo; San Xiao, o 24; O Alto o 25 e na Gándara o 31, estes tres ás 18.00 horas e nos respectivos locais sociais. En xuño terán lugar os dous últimos, o día 2 en Santa Icía- A Solaina, ás 18.00 horas no local social de Virxe do Mar e o 7 en Castro, ás 19.30 horas, no local social “O Paraxe”. As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deberán confirmar previamente a súa asistencia enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias pode consultarse a través da web do Concello de Narón e das redes da Escola de Participación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal