Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CEIP PONTE DE XUVIA VISITOU HOXE O CONCELLO E REUNIUSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, respondeu ás preguntas que formularon os nenos e nenas e interesouse sobre as súas propostas para a cidade
Narón, 26 de abril de 2022. Escolares de sexto curso de educación Infantil do colexio Ponte de Xuvia desprazáronse esta mañá ao Concello no marco do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola. Á súa chegada foron recibidos pola abella “Nara”, de Narón, e por un explorador, que os acompañaron durante o seu percorrido e ata o salón de plenos, donde se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro. As nenas e nenos ocuparon os asientos dos concelleiros e concelleiras da corporación local durante a súa estancia no salón de plenos, donde visionaron ás 10.30 horas o vídeo “Nara de Narón”. A continuación, comezou un turno de preguntas, no que se dirixiron á rexedora local para interesarse polo traballo que realiza no seu día a día no Concello, se ten que poñer coroa, se pon multas de tráfico e se fai os desprazamentos en taxi, entre outras cuestións. Ferreiro respostou aos alumnos e alumnas, ensinoulles o bastón de mando ao explicarlles que non tiña que poñer coroa senón que nos nomeamentos se entregaba un bastón de mando, e animounos a continuar preguntando calquera dúbida que tivesen sobre o Concello e incluso a plantexar suxestións para a cidade. Finalmente, a alcaldesa entregoulles un agasallo institucional, unha gorra da abella “Nara” e un exemplar do libro “Narón pinta ben”, con varios espazos moi recoñecidos da cidade para pintar. O programa municipal inclúe unha serie de actividades nas aulas, que se realizan grazas á colaboración e implicación dos centros de ensino, para que á súa chegada ao Concello os escolares teñan uns coñecementos básicos da citada administración. Así mesmo, antes de regresar ás aulas, as nenas e nenos traballan en grupo cun crebacabezas da cidade. As visitas escolares programadas a través desta iniciativa continuarán en maio, cando están concertadas as visitas de escolares do CEIP Virxe do Mar –o día 3-, e do CEIP A Solaina –os días 24 e 31-.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es