Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A AVV A NAVEIRA ORGANIZAN UNHA NOVA EDICIÓN DA FESTA DO LISCO DE DOSO
A concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentou este evento gastronómico e musical acompañada por representantes da entidade veciñal
Narón, 27 de abril de 2022. O Concello e a Asociación de Veciños “A Naveira”, de Doso, organizan unha nova edición da Festa do lisco de Doso. A concelleira de Festas, Natalia Hermida, deu a coñecer o programa da convocatoria acompañada por Eloy Ameneiros, José Luis Merlán e Severo Castro, vogais da citada entidade. A celebración terá lugar o vindeiro 14 de maio na pista polideportiva de Doso, donde se instalará unha carpa para a ocasión, tal e como avanzou Hermida. Dende a organización explicaron que o menú previsto para a xornada será a base de paella, liscos á brasa, pan, cachelos, bebidas, café e bola. As persoas interesadas en asistir poden adquirir xa os tickets no local social –ata o 10 de maio-, a un prezo de 15 euros para os mecados polos socios da AVV “A Naveira” e de 20 para os adquiridos por non socios. O horario de apertura do local social é de luns a sábado de 12.00 a 22.00 e os domingos de 12.00 a 18.00 horas. O evento comezará ás 13.00 horas, para continuar co xantar e o baile. A Festa do lisco de Doso contará tamén cun apartado musical, que comezará coa sesión vermú ao mediodía, na que actuará o Dúo Horizonte, e baile despois do xantar. Dende o Concello e a entidade veciñal de Doso animaron ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita gastronómica e musical desta parroquia naronesa. “Este ano podemos celebrar de novo esta festa tradicional, que perdura no tempo grazas ao traballo e á implicación das veciñas e dos veciños de Doso, aos que quero agradecer que manteñan viva esta festa popular”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es