Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPOU NA ACTIVIDADE CELEBRADA NO PAZO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
Uns 650 nenos e nenas acudiron á convocatoria organizada dende o Consistorio naronés e que tamén presenciaron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 28 de abril de 2022. O Concello de Narón organizou unha actividade dirixida a alumnado de primeiro e segundo curso de Primaria dos colexios públicos e concertados de Narón para conmemorar o Día Internacional da Danza. Ás 11.00 horas o Pazo da Cultura acolleu o espectáculo GAIA, que puideron ver alumnas e alumnos dos colexios naroneses, con entrada de balde e cuxo desprazamento dende os centros e de regreso abonou o Consistorio, e tamén dun centro de ensino de Pontedeume. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse ao Pazo para presenciar o espectáculo, unha proposta na que as nenas e nenos tiveron a oportunidade de interactuar. No caso de Narón acudiron escolares dos CEIP Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros e A Solaina, dos CPR Santiago Apóstol e Jorge Juan, do CPI do Feal, e do Escola do Val do CRA de Narón, se ben no de Pontedeume procedían do colexio Couceiro Freijomil. En conxunto, presenciaron a actuación unhas 650 alumnas e alumnos dos citados centros, dos que preto de 600 eran de Narón. O espectáculo, a cargo da compañía Entremáns aborda o tema do cambio climático e do planeta Terra e está recomendado pola Rede Española de Teatros, Auditorios e Circuítos e Festivais de Titularidade Pública. GAIA está tamén incluído no Circuíto Danza a Escena 2019 e consiste, tal e como indican dende a propia compañía, “nun percorrido singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza nos axudan a descubrir e comprender a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e os seus tesouros naturais”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es