Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A EXPOSICIÓN "XEITOS" IMPULSADA POLO GRUPO BAZÁN
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que a mostra permanecerá aberta do 3 ao 31 de maio, ambos incluídos
Narón, 29 de abril de 2022. A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal acollerá dende o vindeiro martes, día 3, ata o 31 de maio, a mostra “Xeitos”, integrada por unha colección de 34 fotografías realizadas por dezasete autores e autoras do Grupo Bazán. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que a exposición se poderá ver de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00. Alejandro Martínez, Antonio Carrete, Bea Rodríguez, Carlos Cruz, Chus Villamar, David Souto, Fer Cendán, Fran Suárez, Gelis López, José Amigo, Luis Losada, Luz González, Marcos García, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Pepe Botella. Todos eles forman parte do Grupo Bazán, unha entidade con máis de catro décadas de historia que contribúe a promocionar o deporte e a cultura e que creou a sección de fotografía no ano 1994. Durante este tempo o grupo foi desenvolvendo diversas actividades –cursos, debates, exposicións…-, formou a numerosas persoas e difundiu a cultura fotográfica na comarca de Ferrolterra. Taibo animou ás veciñas e veciños a acudir a ver as fotografías desta mostra, destacando o traballo do Grupo Bazán. Para consultar máis información pódese consultar a web: www.grupobazan.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal