Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CEIP VIRXE DO MAR REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS DURANTE A SÚA VISITA AO CONCELLO
Marián Ferreiro respostou ás preguntas que lle formularon as alumnas e alumnos do centro durante a súa estancia no salón de plenos
Narón, 3 de maio de 2022. Un novo grupo de escolares, neste caso de sexto curso de educación Infantil do colexio Virxe do Mar, desprazouse esta mañá ao Concello con motivo das actividades proxectadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de “Coñecemento do Concello”. Os menores, acompañados por docentes do citado centro de ensino, visitaron varias dependencias municipais e reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. Os escolares ocuparon os asientos das concelleiras e concelleiros da corporación local no salón de plenos e interesáronse ante Ferreiro por cuestións como canto tempo leva á fronte da alcaldía da cidade, que se sinte ao ser a primeira alcaldesa de Narón, o máis difícil que tivo que facer no seu cargo e o seu proxecto soñado no Concello. A alcaldesa respostou ás preguntas e animounos a facerlle máis preguntas e mesmo a proponer suxestións para levar a cabo na cidade. As rapazas e rapaces visionaron no salón de plenos o vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia da cidade, as parroquias… e quixeron aproveitar a ocasión, antes de abandoar o Concello e regresar á aula, para fotografiarse coa rexedora local e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”. Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañan aos escolares durante a visita, que se realiza por primeiro ano de xeito teatralizado. As visitas deste programa continuarán desenvolvéndose este mes, concretamente os días 24 e 31 con alumnado do CEIP A Solaina.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal