Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O "III CONGRESO GALEGO DE SEGURIDADE E EDUCACIÓN VIARIA DE NARÓN" ACOLLERÁ UN DEBATE SOBRE COMO SERÁ A EDUCACIÓN VIARIA DO FUTURO
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou o feito de que se incidirá nos cambios da Lomloe sobre contidos de educación viaria en Infantil, Primaria e Secundaria
Narón, 3 de maio de 2022. Un total de sete importantes especialistas en temas de educación viaria exporán a súa visión sobre como os procesos educativos poden contribuír á nova mobilidade, especialmente á vista dos plans de incorporación desta disciplina ao sistema educativo convencional. Será o xoves 19 de maio, ás 18.30 horas no Pazo da Cultura, no marco do “III Congreso Galego de Segruidade e Educación Viaria de Narón”, que se celebrará os días 19 e 20 de maio no Pazo. As mesas deste evento serán abertas, co que o público asistente terá a oportunidade de participar no debate, tal e como apuntou o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero. A relevancia deste debate sobre “Novas metodoloxías de educación para a boa mobilidade” cobra maior interese no momento en que está a decidirse cal é a orientación dos plans educativos relacionados coa futura materia de educación viaria, sexa cal for o posicionamento da mesma no sistema educativo xeneral. Por este motivo, dende a organización apostouse por afondar en temas como os novos modos de concebir e deseñar as cidades nas que vivimos, os novos medios de mobilidade persoal ou o papel da educación, sempre atendendo ao panorama internacional. O dilema reside en que os seus contidos estean relacionados coa concepción cochecentrista, moi estendida na actualidade, ou se abarquen desde a perspectiva do ecosistema da nova mobilidade, centrada na calidade do espazo público e o papel das persoas na cidade, na que o coche é só un dos actores e non precisamente o principal. “Os dous novos cambios que se levaron a cabo na Lomloe, cunha ampliación de contidos sobre educación viaria, que será obrigatoria en educación Infantil, Primaria e Secundaria o vindeiro curso escolar, ofrecerase a través deste congreso unha gran oportunidade para ampliar coñecementos sobre o desenvolvemento do citado Real Decreto”, apuntou Romero. Actuará como facilitador do congreso o subdirector adxunto de Ordenación Académica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, Octavio Moreno, encargado de expoñer a visión principal da citada mesa. No coloquio posterior, moderado polo profesor de Secundaria Constantino Fuentes, participarán a asesora pedagóxica da Unidade de Intervención Educativa da DXT, Raquel Navas; a vicepresidenta do Consello Xeral de Educación Física e Deportiva, Mónica Aznar; o coordinador en Galicia da AESLEME Juan Antonio Gutiérrez; o mestre e membro de Teachers for Future José Emilio Pérez Sevilla e a profesora de mobilidade escolar sustentable e segura do IES As Telleiras de Narón, Aurora Romar Gasalla. As persoas interesadas en inscribirse, de balde, deben facelo a través da web: congresonaron.gal, donde ademais se pode consultar toda a información deste congreso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal