Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONSISTORIO OFRECEU COLABORACIÓN Á ASOCIACIÓN PARKINSON FERROL PARA ORGANIZAR ACTOS QUE VISIBILICEN AO COLECTIVO E O SEU TRABALLO
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, reuniuse con Benito Rey e Susana Sebastián, presidente e secretaria, respectivamente, da Asociación Parkinson Ferrol
Narón, 4 de maio de 2022. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, mantivo esta mañá unha reunión con Benito Rey e Susana Sebastián, presidente e secretaria, respectivamente, da Asociación Parkinson Ferrol na que analizaron o traballo que realiza a entidade e se estableceu unha vía de colaboración co fin de organizar actividades conxuntas. García asegurou que “dende o Concello felicitamos á entidade polo seu traballo e queremos tamén facer un chamamento á poboación para que se achegue ás súas instalacións e coñezan as terapias e servizos que alí se ofrecen ás veciñas e veciños da comarca”. Pola súa banda, o presidente de Parkinson Ferrol agradeceu a acollida do consistorio naronés e incidiu na importancia de dar a coñecer o traballo que realiza a organización na comarca. “O noso obxectivo é chegar a máis usuarias e usuarios, tendo en conta que hai na área de Ferrolterra medio milleiro de persoas diagnosticadas con parkinson e temos máis dun centenar de socios, entre afectados, familiares e persoas colaboradoras”. A asociación ten a súa sede nos números 58-64 da estrada de Castela, a donde convidan a acudir ás persoas con parkinson e ás súas familias. García incidiu no gran labor que desenvolve a entidade e comprometeuse a impulsar algún evento a través do que poder dar visibilidade ao colectivo, acordando entre ambas partes a conmemoración do 11 de abril, Día Mundial do Parkinson.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal