Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE NOVA ADMISIÓN DE MENORES NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que o prazo para presentar alegacións permanecerá aberto ata o vindeiro 14 de maio
Narón, 5 de maio de 2022. Os pais e nais que solicitaron por primeira vez a admisión dos seus fillos e fillas, de 0 a 3 anos, nas escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara ou Piñeiros para o curso 2022/2023 poden consultar os listados provisionais a través da páxina web do Concello (http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/), nas propias escolas infantís e tamén no Concello, a través do Rexistro Municipal (na entrada) ou do Servizo Sociocomunitario (no primeiro andar). A edil de Ensino, Mercedes Taibo, informou que se abre un prazo de reclamacións a este listado provisional, que remata o vindeiro 14 de maio e que se poden tramitar a través do Rexistro municipal –de 8.30 a 13.30 horas de luns a venres- e tamén na Sede Electrónica do Concello de Narón. Para o vindeiro curso escolar rexistrouse lista de agarda na opción de 1 a 2 anos das tres escolas infantís municipais, tal e como indicou Taibo. A concelleira explicou que unha vez rematado o prazo de exposición pública para realizar alegacións procederase a elaborar as listaxes definitivas para, posteriormente, formalizar as matrículas do vindeiro curso. As escolas infantís municipais abren as súas portas en horario de 7.30 a 20.00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal