Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONCELLOS DE NARÓN E FERROL ILUMINARÁN VARIOS ESPAZOS EMBLEMÁTICOS CON MOTIVO DO DÍA DE EUROPA
As noites dos días 7, 8 e 9 de maio iluminarán de cor azul varios espazos nunha celebración integrada no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) "Ría de Ferrol, Cidade 2020"
Narón, 6 maio. As fachadas da Casa da Cultura, do edificio do antigo concello de Xuvia e da glorieta de Freixeiro en Narón e a do Teatro Jofre, a fonte do Cantón de Molins, a rúa Magdalena e a contorna da praza de Armas en Ferrol, lucirán de azul, cor da bandeira europea, durante a noite dos días 7, 8 e 9 de maio con motivo da conmemoración do Día de Europa. Cada 9 de maio dende 1985 réndese homenaxe ao Día de Europa, como símbolo da paz, cooperación e unidade entre todos os países que conforman a Unión Europea. Esta data sinala o aniversario da histórica declaración de Schuman, pronunciada en París en 1950 polo ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, na que se expuxo a idea dunha nova forma de cooperación política en Europa e se propuxo a creación dunha Comunidad Europea do Carbón e do Aceiro onde os seus membros porían en común a produción destes materiais, como antesala do que hoxe é a Unión Europea. Esta celebración realízase no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020” que, grazas á aportación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), teñen en marcha os Concellos de Ferrol e Narón a través de distintos proxectos en ámbitos como as novas tecnoloxías, a mobilidade sostible, a eficiencia enerxética, o desenvolvemento social das cidades ou a conservación do patrimonio histórico, cultural e natural, cuxa execución se estenderá ata o 2023.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal