Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ A VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
O vehículo está operativo o luns 23 e o martes 24 nas inmediacións do centro de saúde do Alto en horario de mañá e tarde, tal e como avanzaron dende ADOS
Narón, 20 de maio de 2022. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará os vindeiros luns 23 e martes 24 na cidade, concretamente nas inmediacións do centro de saúde do Alto. O vehículo permanecerá operativo en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 e tamén pola tarde, de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal