Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TEGA E PSOE APROBARON NO PLENO UN MODIFICADO DE CRÉDITO PARA INVESTIR 2,5 MILLÓNS DE EUROS NA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou esta mesma semana os investimentos que se acometerán tanto na zona urbana como rural trala aprobación plenaria
Narón, 26 de maio de 2022. Os edís de Terra Galega e PSOE aprobaron inicialmente no pleno desta tarde cos seus votos favorables –BNG e PP abstivéronse- un expediente de modificación de créditos por importe de 2.500.015 euros para realizar importantes investimentos na cidade. O portavoz de Terra Galega e concelleiro de Facenda, Román Romero, desglosou na sesión as principais actuacións que se acometerán con cargo a esta partida global, como obras de accesibilidade valoradas en algo máis de 550.000 euros na estrada de Castela, Cidade Europa, Santa Icía, Virxe do Mar, e en edificios municipais como o complexo polideportivo da Gándara e o Centro Manuela Pérez Sequeiros, no colexio Virxe do Mar. Así mesmo, tamén se recollen actuacións, entre outras, como a demolición do cuartel da Garda Civil de Xuvia -247.727 euros-, a urbanización de viais no barrio da Solaina -169.888 euros-, a ampliación da rede de saneamento en San Mateo -156.997-, melloras en eficiencia enerxética na estrada de Cedeira e no pavillón da Gándara -133.000- unha senda peonil no camiño de Igrexa a Braña, en Doso -80.634 euros-, e o acceso ao muíño de Prados -48.236-. Os investimentos a levar a cabo destinan tamén partidas para acometer melloras en centros de ensino –máis de 60.000-, melloras en locais sociais –algo máis de 50.000 euros-, avanzar en materia de reciclaxe -outros 50.000 euros-, e á organización de diversos eventos festivos, de feiras e mercados, a programas gastronómicos e de promoción do sector comercial, a dotación dun parque de calistenia en Xuvia, a instalación dun xogo na praza 23 de Novembro e a elaboración dun estudo sobre as mulleres en Narón. Na sesión plenaria saíu adiante tamén a proposta de imposición de penalidades á empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar por incumprimento grave das súas obrigas contractuais durante a execución do contrato, por importe de 42.330 euros. O citado importe deducirase da contía da seguinte factura que emita a citada empresa. Neste punto, a concelleira de Benestar Social, Catalina García, repasou os trámites realizados e avanzou que dende o Concello “tratamos de sacar o servizo o máis dignamente posible e confiamos en que así sexa co novo contrato”. Finalmente, a alcaldesa, Marián Ferreiro, aludiu ás numerosas reunións e xestións realizadas dende o grupo de goberno para tratar de solventar os problemas detectados e incidiu en que “administrativamente temos que actuar”. No apartado de mocións, o BNG presentou unha solicitando a concesión da medida de graza de indulto ao exsecretario comarcal da CIG Xesús Anxo López Pintos, condeado por un suceso que tivo lugar en outubro de 2012. A moción aprobouse cos votos favorables de todos os edís menos os do PP. O grupo municipal do PP presentou unha moción en apoio á redución do IVE aos salóns de peiteado e imaxe persoal, para que se reduza do 21 ao 10% que se aprobou co respaldo de todos os grupos menos o PSOE, que se abstivo, e outra para instar ao goberno local a levar a cabo unha campaña sobre a poboación de gaivotas, que non saíu adiante. Así mesmo, aprobouse coa oposición do PP a moción sobre a LGTBIfobia, para instar á Xunta a cumplir o artigo 8 da Lei 2/2014 do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación do colectivo e a incrementar nos vindeiros orzamentos a partida destinada ás políticas LGTBI, dotándoas dunha partida propia. Fóra da orde do día aprobouse por unanimidade a moción do BNG solicitando que se faga pública a web creada polo equipo redactor do Plan Director da Solaina para difundir o citado proxecto.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal