Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN "MÚLTIPLE. A ARTE DO GRAVADO DE PICASSO A BARCELÓ" PODE VERSE NO PAZO ATA O 3 DE XULLO
No acto inaugural participaron a alcaldesa, Marián Ferreiro, a edil de Benestar Social, Catalina García, o coordinador institucional de Abanca na Coruña, José Manuel Vilariño e a coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela
Narón, 1 de xuño de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu hoxe xunto coa edil de Benestar Social, Catalina García, e un representante da AVV San Mateo, á inauguración da exposición “Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló”, que se poderá ver no Pazo da Cultura ata o 3 de xullo. Abanca, Afundación e o Concello impulsan esta iniciativa, cunha colaboración a través do proxecto “Corrente Cultural” da Obra Social de Abanca. En representación da empresa estiveron presentes no acto coordinador institucional de Abanca na Coruña, José Manuel Vilariño, e a coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela. Ferreiro agradeceu a Abanca e Afundación que trouxesen a Narón esta mostra “cunha trintena de obras de xenios da pintura do século XX, entre os que están os propios Picasso e Barceló e outros como Salvador Dalí”. A alcaldesa destacou que se trata dunha excelente oportunidade para desfrutar de pezas de gravado en diferentes técnicas e animou á veciñanza a acudir a ver a exposición e tamén, de ser posible, de doar alimentos non perecedoiros nun espazo que se habilitará a tal fin para entregar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Vilariño e Lago agradeceron tamén a colaboración da cidade e amosaron a súa satisfacción por poder traer esta mostra á cidade. Pola súa banda, Vela incidiu en que a “xoia” da mostra é a obra “Quatre colours aparien le mon”, unha litografía de Joan Miró. Son precisamente, tal e como explicou, litografías, serigrafías, gravados calcográficos e xilografías as técnicas empregadas nas obras expostas no Pazo.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es