Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE EN TRES CURSOS IMPULSADOS DENDE O INSTITUTO TECNOLÓXICO DE GALICIA
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, recordou que as accións formativas, todas elas de balde, se impartirán en liña e diríxense a colectivos moi específicos
Narón, 1 de xuño de 2022. O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, recordou que este venres, día 3, remata o prazo de inscrición en catro cursos organizados polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, enmarcados dentro do proxecto europeo Gefrecon. Estas accións formativas impartiranse en liña e son de balde, tal e como avanzou. Persoal do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) encargarase de impartilos, podendo anotarse a través da web: https://www.gefrecon.eu/formacion/. Os cursos serán sobre “Creación de empresas forestais e/ou apoio para optimizar métodos de traballo”, “Plans de prevención, autoprotección, actuación e xestión relativos aos incendios forestais para administracións públicas”, “Medidas de autoprotección e prevención de incendios forestais orientadas a axentes do territorio” e “Medidas de autoprotección e prevención de incendios forestais orientadas a formadores e educadores”. Agricultores, gandeiros, propietarios de terreos, empresas de turismo de aventura e forestais, persoal técnico e das administracións públicas, escolares e axentes sociais son, entre outros, os destinatarios destas convocatorias. Ao finalizar cada participantes obterá un certificado no que constarán as horas do curso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal