Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ ESTA NOITE A GLORIETA DE FREIXEIRO DE COR VERDE CON MOTIVO DO DÍA DO DOANTE DE ÓRGANOS
O Consistorio colabora coa asociación Alcer co fin de sensibilizar á poboación en xeral sobre a importancia de doar órganos tras falecer para poder salvar vidas
Narón, 1 de xuño de 2022. A glorieta de Freixeiro permanecerá iluminada esta noite de cor verde con motivo do Día do Doante de Órganos. Dende o Consistorio colabórase deste xeito coa asociación Alcer para sensibilizar á poboación en xeral sobre a importancia de doar órganos tras falecer para poder salvar a vida de persoas que esperan un transplante. Dende Alcer indicaron que Galicia foi unha das comunidades autónomas que máis negativas familiares rexistrou o pasado ano para acceder a doar os órganos dun ser querido, un 16%. Por este motivo, explicaron, “achegar á poboación este día é de vital importancia para as persoas que agardan unha segunda oportunidade de vida tralo transplante”. Así mesmo, recordaron que o pasado ano se realizaron un total de 298 transplantes de órganos, rexistrándose case 250 persoas en lista de espera.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es