Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APRAZADA AO 12 DE XUÑO A XORNADA PRIMAVERA NO CAMIÑO INGLÉS PROGRAMADA NO CONCELLO DE OROSO
O Concello naronés participará cun stand informativo na convocatoria, aprazada pola organización debido ás previsións meteorolóxicas
Narón, 2 de xuño de 2022. O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, informou do aprazamento da quinta edición de Primavera no Camiño Inglés, na que participará o Concello de Narón cun stand informativo. Dende a organización indicaron que se adoptou a decisión “para garantir a seguridade tanto das persoas que ían estar presentes en representación dos dezaoito concellos como do público asistente, tendo en conta as pésimas previsións meteorolóxicas para este sábado 4 de xuño, que alertan de fortes choivas con posibilidade de aparato eléctrico”. A decisión, segundo indican, corroborárona a Deputación da Coruña e o Concello de Oroso, colaboradores desta iniciativa e que solicitan desculpas polas posibles molestias ocasionadas. O Concello de Narón estará presente nesta edición da Primavera no Camiño Inglés que terá lugar na Alameda de Góis, en Sigüeiro (Oroso), cun stand no que se ofrecerá información sobre a guía de turismo “Narón para os teus ollos”, as rutas turísticas de “Pena Molexa-Monte da Lagoa”, “Ruta dos muíños”, a do tramo do Camiño Inglés que discurre polo termo municipal, cunhas seiscentas prazas hoteleiras. A maiores, tamén se proxectarán no stand naronés vídeos promocionais da cidade. Dende a organización indicaron que nos vindeiros días se dará a coñecer a programación, “que se prevé sexa moi similar á anunciada para a convocatoria prevista inicialmente para este sábado”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es