Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VALOROU OS AVANCES DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO LOCAL SOCIAL DO ALTO DO CASTIÑEIRO
Marián Ferreiro e o edil de Obras, Pablo Mauriz, percorreron as instalacións, nas que operarios da adxudicataria ultiman os traballos pendientes
Narón, 2 de xuño de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, visitaron esta mañá as obras do proxecto que permitirá acondicionar o local social do Alto do Castiñeiro, ubicado nos baixos dos números 37-39 da rúa do Rosal. O citado proxecto, para o que se reservou unha partida orzamentaria de 233.489 euros, encara xa o tramo final, e permitirá dotar dun espazo propio á entidade veciñal do barrio, tal e como recordou Ferreiro. A obra acométese sobre dous baixos, con entrada pola rúa do Rosal, donde quedará unha fachada ampla e luminosa, e ten unha forma rectangular, trala unión dos dous habitáculos. O acondicionamento integral dos dous espazos permitirá unha renovación ao completo tanto das instalacións como da fachada, habilitando unha superficie útil final de 277 metros cadrados. A rexedora local explicou que no local social se habilitarán unha sala disciplinar -105 metros cadrados-, unha sala -36 metros cadrados- e outras estancias como un almacén xeral, unha oficina, un ambigú, un office, unha despensa, un cuarto de limpeza e tres aseos –homes, mulleres e persoas discapacitadas-. “As obras iniciáronse o pasado mes de febreiro e avanzan a bo ritmo, polo que este mesmo verán as veciñas e veciños poderán facer uso destas instalacións, un compromiso que tiñamos adquirido e que en breve será unha realidade”, asegurou a alcaldesa. Na actualidade operarios da empresa adxudicataria están traballando no acondicionamento da fachada principal e noutras tarefas como o alicatado de baños e a instalación de servizos nas diferentes estancias. Ferreiro recordou que ao investimento que actualmente se executa para acondicionar o local, súmanse outros 100.000 euros que se destinaron dende as arcas locais para a adquisición dos dous baixos que agora se integrarán nun único e amplo espazo para uso e disfrute da veciñanza.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es