Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE 22 PROXECTOS ASPITAN AO PREMIO NO "VIII MINIMARKET FERROLTERRA EMPRENDE XOVE
O acto de entrega de galardóns levarase a cabo o vindeiro martes, día 7, no Auditorio municipal de Narón
Narón, 3 de xuño do 2022.- A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal xunto co Concello de Narón e o Concello de Ferrol, celebra o próximo martes 7 de xuño, no Auditorio de Narón na Praza de Galicia, a VIII Edición do Minimarket Ferrolterra Emprende en formato de feira. Así o anunciaron esta mañá no Concello a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro Díaz e o presidente de AJE Ferrolterra, Luis González, que estiveron acompañados polo edil de Promoción Económica de Narón, David Pita. A través deste concurso entre os estudantes de ESO, Bachirelato e FP das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal preténdese fomentar a iniciativa emprendedora entre os máis novos e durante os dous anos da pandemia tivo que reinvestirse e cambiar o formato. Nesta edición, que a consideramos coma de lanzadeira despois da pandemia, contamos coa participación de 8 centros educativos e cun total de 22 proxectos nos que participan aproximadamente 100 estudantes. Cada grupo disporá dun pequeno stand no recinto do evento no que expoñer a proposta de proxecto empresarial con o que concorreron a esta convocatoria. O día do evento se abrirán portas para o público en xeral ás 17:30 horas, sendo entrada libre para todos os interesados/as, amigos/as, familiares e compañeiros/as que queiran coñecer de preto cada unha das iniciativas participantes e votar polo proxecto que máis lles guste xa que un dos premios é a votación popular mediante papeleta. Na entrega de galardóns, que levarase a cabo arredor das 19:00 horas, estará presente o Presidente de AJE Ferrolterra, Luís González Rey, e outras autoridades de entidades patrocinadoras e colaboradoras. Esta feira é o punto final dun proceso de preparación que se desenvolveu durante todo o curso escolar e que os estudantes tiveron a ocasión de participar nun total de 8 talleres en cada centro impartidos por profesionais destinados a desenrolar facultades coma a capacidade de xestión, a autoestima, a creatividade, as habilidades sociais e persoais, o traballo en equipo… Ao mesmo tempo tiveron a oportunidade de coñecer a experiencia emprendedora dos/as emprendedores/as e ter un/ha mentor/a empresario/a para cada centro. A iniciativa conta co apoio do Concello de Narón, o Concello de Ferrol, Gadis e Cándido Hermida.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal