Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO SOBRE XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS
A actividade desenvolverase o sábado 11 en horario de mañá, tal e como indicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 6 de xuño de 2022. A Biblioteca abrirá mañá martes o prazo de inscrición nun obradoiro de xogos tradicionais dirixido a nenas e nenos a partir de catro anos. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, explicou que a actividade se levará a cabo o vindeiro sábado, día 11, ás 11.00 horas e indicou que se trata dunha proposta “programada para festexar o Día Internacional do xogo e o Día Internacional do Medio Ambiente”, que se conmemoran respectivamente os días 28 de maio e 5 de xuño. A través deste obradoiro os menores participantes poderán coñecer unha pequena historia de xogos tradicionais galegos para que posteriormente sexan eles mesmos os que elaboren algúns dese xoguetes empregando material reciclado. Para que continúen profundizando na materia tamén disporán dunha selección bibliográfica sobre esta temática que poderán levala á casa en calidade de préstamo. Para poder asistir as nenas e nenos deberán ter o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes. As reservas de praza poden formalizarse a partir de mañá ás 16.00 horas de xeito presencial ou chamando ao teléfono 981 382173 no horario de apertura da Biblioteca.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es