Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SALA DE EXPOSICIÓNS DA BIBLIOTECA ACOLLE DÚAS MOSTRAS FOTOGRÁFICAS ADICADAS AO POBO XITANO DE NARÓN
A exposición poderase visitar ata o 18 de xuño, de luns a sábado, tal e como indicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García
Narón, 7 de xuño de 2022. A sala de exposicións da Biblioteca, na planta soto, acolle dende hoxe luns e ata o 18 de xuño dúas mostras fotográficas adicadas ao pobo xitano de Narón: “Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia” e “Homenaxe ao pobo xitano de Narón”. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, visitou esta mañá a mostra e recordou que estas imaxes xa se puideron ver o pasado mes de abril no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, con motivo da programación do Día Internacional do Pobo Xitano. A edil indicou que as mostras se poderán ver ata o vindeiro 18 de xuño nas citadas instalacións, de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas. Na mostra “Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia” pódense ver diferentes fotografías de persoas de etnia xitana da cidade, mentres que a de “Homenaxe ao pobo xitano de Narón” está integrada por imaxes de entrevistas interxeracionais e interculturais a persoas de etnia xitana e tamén doutras culturas. García animou á veciñanza a visitar esta mostra, que ten entre os seus obxectivos “visibilizar e poñer en valor a cultura xitana co fin de reivindicar a plena integración do colectivo na sociedade, que lamentablemente aínda non é unha realidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal