Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO EDIFICIO PARA DOMENTO E APOIO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS DA GÁNDARA
Marián Ferreiro estivo acompañada na visita polo edil de Obras, Pablo Mauriz, e representantes da empresa adxudicataria, da dirección de obra e do Club de Remo Narón
Narón, 7 de xuño de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse na tarde de onte á Gándara para comprobar o avance das obras de acondicionamento do edificio para fomento e apoio de actividades deportivas, ubicado na avenida do Mar. Na visita estiveron acompañados por persoal da empresa, da dirección de obra e do Club de Remo Narón, que habitualmente utiliza estas instalacións para as escolas municipais. Ferreiro destacou que se trata “dunha intervención moi necesaria, que permitirá mellorar considerablemente estas instalacións con cargo a unha partida que ronda os 100.000 euros”. A alcaldesa anunciou ademais que, segundo as actuais previsións, os traballos estarán rematados a finais deste verán. O Concello recuperará esta edificación reservada para actividades deportivas co fin de conservala e realizar unha redistribución no interior que permita mellorar a calidade das actividades que alí se levan a cabo. O edificio ten forma rectangular, de 15x10 metros e manterá os dous accesos, desprazando o principal para adaptalo ás necesidades da actual obra. Unha vez acondicionado, tal e como figura no proxecto, a superficie útil será de case 133 metros cadrados, nos que se habilitarán: sala de usos múltiples deportivos, oficina, hall, pasillo, vestiarios e vestiarios para homes, mulleres e adaptado. “A cuberta xa se reformou, substituíndo as placas de fibrocemento por panel sándwich e tamén se revestirá a fachada con paneis de madeira e cemento, ao tempo que se renovará por completo a carpintería exterior”, explicou Ferreiro. “Dende o Concello continuamos apostando por manter as instalacións deportivas nas mellores condicións posibles, para que as usuarias e usuarios poidan aproveitalas ao máximo”, subliñou a rexedora local.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal