Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UNHA XORNADA SOBRE "ELABORACIÓN DE FITOSANITARIOS ECOLÓXICOS"
A convocatoria será este venres no Centro Cívico Social do Val, tal e como anunciou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 8 de xuño de 2022. O Concello organiza a través da área de Promoción Económica, dirixida polo edil David Pita, unha xornada sobre “Elaboración de fitosanitarios ecolóxicos”, que terá lugar este mesmo venres, día 10, de 17.00 a 20.00 horas nas inmediacións do local social do Val. O edil naronés presentou o evento xunto con Clara Domínguez, secretaria da Asociación Terra Rendible, e Luisa María Granja, técnica da citada entidade, colaboradora xunto coa AVV “Os Irmandiños” do Val deste evento. Pita avanzou que unha técnica da asociación Terra Rendible, Luisa María Granja, será a encargada de informar ás persoas que acudan á convocatoria sobre diferentes métodos de control alternativo aos químicos en pragas e enfermidades da horta e do xardín. Pragas e enfermidades dos cultivos e os seus danos, métodos de control sen químicos de pragas e enfermidades e métodos de elaboración de fitosanitarios ecolóxicos son algúns dos temas que se abordarán nesta xornada. Así mesmo, os asistentes terán a oportunidade de coñecer como se preparan algúns destes fitosanitarios con ortigas, decocción de allo, maceración de casca de laranxa, infusión de hortelá, funxicida e insecticida polivalente… entre outros. A técnica que impartirá a xornada avanzou que a primeira hora se adicará aos contidos teóricos e as dúas seguintes ás prácticas. “Hai moitos métodos alternativos para o control de pragas e enfermidades e tamén para axudar a que a horta e o xardín se autoregulen con técnicas máis respectuosas e beneficiosas co medio ambiente e coa saúde”. A asociación Terra Rendible, sen ánimo de lucro, ten as súas instalacións no Centro Cívico Social do Val e organiza a convocatoria no marco do convenio anual que mantén co Consistorio. Tanto dende a entidade como da asociación agradeceron a colaboración da entidade veciñal do Val e animaron á cidadanía a apuntarse neste evento. As persoas interesadas poden facelo a través da páxina: https://bit.ly/fitosanitarios-eco. En total ofértanse vinte e cinco prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal