Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIU HOXE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "INFORMÁTICA DIVERTIDA (INDI)"
A edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recordou que se trata dunha proposta dirixida a menores de 8 a 12 anos empadroados na cidade
Narón, 8 de xuño de 2022. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou que o Concello abriu hoxe o prazo de inscrición no programa Informática Divertida (INDI) dirixido a menores empadroados en Narón e de 8 a 12 anos. A edil indicou que as sesións de INDI se desenvolverán na Aula Cemit de Xuvia do 4 ao 29 de xullo (ambos incluídos, se ben o día 25 non haberá actividade) en horario de mañá, de 10.00 a 13.30 horas de luns a venres. En total ofértanse 15 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As rapazas e rapaces que acudan á convocatoria aprenderán a programar con Minecraft, Star Wars e Frozen e tamén programación con bloques, a crear blogs para menores e a elaborar un cómic dixital. “Un ano máis convocamos este programa que ten sempre moi boa acollida entre as nenas e nenos da cidade, que disfrutan dunha programación divertida e ao mesmo tempo formativa no ámbito da robótica”, apuntou a edil, que animou aos destinatarios desta convocatoria a anotarse. No caso da zona rural da cidade, ofertouse este mesmo programa aos centros cívicos sociais das sete parroquias. As persoas interesadas poden contactar coas diferentes entidades veciñais para inscribirse ou solicitar información, ofrecéndose dez prazas para cada un deles, tal e como indicou Hermida. As sesións impartiranse nas mesmas datas e horario que na Aula Cemit de Xuvia podendo anotarse neste caso ata o 16 de xuño. As solicitudes para a Aula Cemit poden presentarse ata o 20 de xuño ás 13.00 horas no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón –donde se pode consultar toda a información deste programa- ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica. Para obter máis información sobre o programa INDI pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1502 ou 1123).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal