Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA QUE AS FAMILIAS SOLICITEN PARTICIPAR NO PROGRAMA "VACACIÓNS EN PAZ"
A edil de Benestar Social, Catalina García, indicou que dous menores que poden participar no programa están á espera de familias de acollida
Narón, 14 de xuño de 2022. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, mantivo onte unha xuntanza coa delegada da comarca da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps), Maite Martínez, e as familias da cidade que participarán este ano no programa “Vacacións en Paz”. A edil naronesa avanzou que este ano poderían vir á cidade oito nenas e nenos nados no ano 2014, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia) pero que actualmente hai dous menores que aínda carecen de familia de acollida. “Queremos agradecer a participación das familias da cidade que xa están inscritas no programa para acoller este verán a nenas e nenos saharauis e tamén realizar un chamamento para que no caso de que algunha familia poida facelo, dicir que temos dous nenos que polo momento non poden vir por non ter un destino fixo, polo que terían que quedar nos campamentos de refuxiados”, indicou García. A previsión é que a finais deste mes ou comezos do vindeiro cheguen á cidade, onde quedarán ata o inicio de setembro. Durante eses meses realizaránselles revisións médicas e poderán afastarse das temperaturas extremas que se alcanzan no deserto de Alxeria durante a tempada estival. García recordou que as persoas que desexen recibir máis información ao respecto poden escribir un correo electrónico á dirección: concellerias@naron.es, debendo indicar o nome e apelidos e un teléfono de contacto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal