Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO "CANTA BUGUINA, CANTA!"
A actividade levarase a cabo o vindeiro 18 de xuño na Biblioteca e diríxese a bebés de 0 a 36 meses, tal e como apuntou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 14 de xuño de 2022. A Biblioteca municipal abrirá hoxe ás 16.30 horas o prazo de inscrición na actividade “Canta, buguina, canta!”, que terá lugar este sábado, día 18, ás 11.00 horas nas citadas instalacións. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que se trata dun espectáculo da compañía Charlatana dirixido a bebés de entre 0 e 36 meses, que deben ter o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes. Os participantes realizarán unha viaxe polo mar, soprando unha buguina e visitarán illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas, regarán herba, xogarán coa subida e a baixada da marea, cantarán e realizarán barcos de papeis para continuar viaxando lonxe. A actividade, tal e como indicou Taibo, conta cunha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do programa “Ler conta moito”. As inscricións poden tramitarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal