Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE TURISMO DA CIDADE PERMANECERÁ ABERTA ATA O VINDEIRO 7 DE OUTUBRO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recordou que dúas persoas da bolsa de emprego municipal atenden as instalacións
Narón, 14 de xuño de 2022. A oficina de Turismo de Narón, ubicada no parque de Freixeiro, nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, permanece aberta ata o día 7 de outubro. O Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, que lle concedeu, e con cargo á que se sufragarán os gastos de contratación de dúas persoas diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas e que formaban parte da bolsa de emprego municipal que atenden as instalacións. A subvención concedida é para catro meses, tempo no que permanecerá operativa a oficina, segundo informou a concelleira de Turismo Natalia Hermida. O horario de apertura é de luns a venres entre as 10.00 e as 13.15 e de 16.00 a 19.15 horas; os sábados e os domingos abre de 10.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas, tal e como indicou Hermida. Os días festivos as instalacións permanecerán tamén abertas no seu horario habitual. “As persoas que se acheguen ata as instalacións poderán solicitar información sobre a cidade en particular, tanto sobre a oferta turística como de actividades que se desenvolverán durante eses catro meses, como sobre o Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, asegurou a edil. As persoas que o desexen tamén poderán poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo, no horario de apertura das instalacións, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal