Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE ESCOLARES DO CPR SANTIAGO APÓSTOL PARTICIPARON HOXE NA ACTIVIDADE "COÑECEMENTO DO CONCELLO"
Os escolares realizaron varias preguntas á alcaldesa, Marián Ferreiro, que se interesou tamén pola visión da cidade que teñen as rapazas e rapaces
Narón, 15 de xuño de 2022. Unha vintena de escolares de sexto curso de Primaria do CPR Santiago Apóstol visitaron esta mañá o Concello, donde se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. A través da iniciativa “Coñecemento do Concello”, do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, os escolares, acompañados de persoal docente, visitaron a planta baixa do Concello, o Arquivo e o salón de plenos. Nesta ocasión a actividade contou coa colaboración do equipo de Educación Viaria de Narón, xa que os menores se desprazaron dende o centro en bicicleta. En que consiste o seu traballo, como saíu elixida alcaldesa, quen pode ser alcalde ou alcaldesa, quenes ocuparon antes o cargo, en que ano se construíu o actual edificio do Concello, se ten axudantes… foron algunhas das cuestións sobre as que se interesaron os escolares, moi participativos durante a súa estancia no Consistorio. Ferreiro interesouse ante as rapazas e rapaces por coñecer a súa actual visión da cidade e tamén por cuestións que o colectivo consideraba de interese de cara ao futuro. Os menores visionaron tamén un vídeo sobre a cidade, no que se explica o territorio de Narón, a poboación, a organización municipal e o funcionamento básico da administración local, entre outras cuestións adaptadas á súa idade. Antes de abandonar o salón de plenos e coller de novo as súas bicis para regresar ao centro os escolares sacaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa, que lles entregou uns agasallos institucionais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal