Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA GALEGA DE CONSUMO OFRECERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "A FACTURA DA LUZ"
As persoas interesadas en acceder á aula virtual deben facelo a través da web da Escola Galega de Consumo e Competencia
Narón, 16 de xuño de 2022. A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa “Venres de consumo responde”. O tema a abordar mañá, a partir das 12.30 horas, será a “A factura da luz”, segundo avanzaron dende a organización. Para poder participar é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e tan só será preciso premer na ligazón habilitada para acceder á mesma. As sesións de “Venres de Consumo responde” regresarán o vindeiro mes de setembro, sendo a de mañá a última das charlas programadas ata finais do verán. O día 2 de setembro, tal e como avanzaron dende a Escola Galega de Consumo, abordarase o tema de “Os dereitos básicos das persoas consumidoras”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal