Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADO O I CONCURSO DE REDACCIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2010
Aberto a escolares de Primaria, ESO e maiores de 16 anos. A participación se realizará a través de Internet.
Narón, 12 de abril de 2010.- O Concello de Narón acaba de convocar o I Concurso de Redacción “Día das Letras Galegas 2010” con motivo da conmemoración desta data (dedicada este ano a Uxío Novoneyra) e do Día de Internet, que se celebran o día 17 de maio. Na presentación deste premio participaron hoxe a Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, xa que ambas delegacións son as promotoras do concurso. Os obxectivos deste concurso son a promoción do uso escrito da lingua galega, o fomento desta empregando as novas tecnoloxías e afondar na vida e obra de Uxío Novoneyra. Para iso, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (dependente da Concellería de Cultura, e creado grazas a un convenio de colaboración asinado coa Deputación da Coruña, e financiado tamén pola FEGAMP) encargarase da organización deste premio. Poderá participar o alumnado de Educación Primaria e Secundaria e as persoas maiores de 16 anos. Os únicos requisitos para facelo son presentar os traballos de redacción en galego e que estes non fosen publicados nin premiados noutros concursos. Os traballos enviaranse a través de Internet a partir de hoxe e ata o 30 de abril. Para participar é necesario cubrir un formulario existente na web municipal (www.naron.es) e achegar a redacción como arquivo adxunto. As cartas serán colgadas neste sitio web, e haberá tres premios por cada categoría. Establécense as seguintes: Educación Primaria* -1º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ ) -2º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ ) -3º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ ) Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) * -1º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ ) -2º ciclo (1º premio: 50€ / 2º premio: 30€ ) *Os premios de Primaria e ESO serán recibidos en forma de vale, que poderá ser trocado por material escolar ou informático. Adultos (a partir dos 16 anos e que non estean cursando a ESO) 1º premio: 100€ / 2º premio: 75€ / 3º premio: 50€) O nome dos gañadores publicarase na web do Concello o día 10 de maio. Para máis información, pódese consultar esta páxina ou chamar ó Servizo de Normalización Lingüística do Concello (981 33 77 00 –extensión 1516)

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal